Cunha «tarde de palabras e música» Galicia conmemorou onte en Padrón o 128 cabodano de Rosalía de Castro nun acto na Casa Museo da Matanza, na que viviu os últimos anos da súa vida, e no que non se lembrou a súa perda senón a «permanencia da súa altísima obra; do seu pensamento feminista; do seu compromiso con Galicia e coas clases máis desfavorecidas», segundo se dixo nas diversas intervencións.
Coa presenza de personalidades da cultura e da política autonómica e local, xunto con cidadáns de a pe, o acto serviu, ademais, para presentar o primeiro Premio Escolar Rosalía de Castro e os poemas gañadores desta edición, que foron recitados polas súas autoras. Sobre este premio falou José Manuel Blanco Aldariz, director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés en Galicia (que o promove a través de Ámbito Cultural), quen apostou pola permanencia do certame no futuro para «acadar o obxectivo deste ano: destapar a creatividade dos mozos galegos» inspirada en Rosalía de Castro.
Pola súa banda, a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro falou da vixencia de Cantares Gallegos e asegurou que «a mensaxe de fondo» da obra rosaliana «non caducou e é ampliable ao mundo actual». Como era de agardar, o acto na horta da Casa Museo da Matanza tivo tempo para, da man do académico Xosé Luís Axeitos, celebrar a recente descuberta en Vigo (cualificada como «todo un fito») dun exemplar único da primeira edición de Cantares Gallegos.
Para rematar, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, quixo explicar ao numeroso público presente o que fixo a entidade no último ano, que cualificou como «intenso, de moita dedicación e traballo», e tamén os plans para o futuro inmediato.
Entre eles, falou do «empeño por continuar as obras na Casa Museo da Matanza e levar adiante un proxecto de renovación museográfica».
lavozdegalicia.es
—————————————————–
Busca y anhela el sosiego
Busca y anhela el sosiego…
Mas, ¿quién le sosegará?
Con lo que sueña despierto,
Dormido vuelve a soñar.
Que hoy como ayer, y mañana Cual hoy, en su eterno afán,
De hallar el bien que ambiciona
-Cuando sólo encuentra el mal-,
Siempre a soñar condenado,
Nunca puede sosegar.
Nombre: María Rosalía Rita de Castro
Lugar y fecha nacimiento: Santiago de Compostela (España), 24 de febrero de 1837
Lugar y fecha defunción: Padrón, La Coruña (España), 15 de julio de 1885 (48 años)